NOTA INTERPRETATIVA ACERCA DA APLICACIÓN DE MEDIDAS EXTRAORDINARIAS EN MATERIA DE PESCA FLUVIAL EN GALICIA, CON MOTIVO DA CRISE DO COVID-19
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de trasladar ás sociedades de pesca deportiva a súa interpretación sobre os distintos documentos feitos públicos polo Goberno do Estado que avalan a pesca fluvial como unha actividade deportiva ao aire libre e individual, polo que se podería permitir a súa realización.